miércoles, 5 de noviembre de 2014

Xa o sabía

Que curiosa a mente verdade? Que tan difícil se nos fai as veces recoñecer porque reacciona de forma non razoable cando en teoría este mostrou uns pensamentos firmes. Pois a resposta parece fácil, pero non o é. Todo indica que os sentimentos son os encargados de loitar contra esa razón de forma inconsciente, enturbando mediante as emocións, coa que o individuo perde a capacidade de razoamento lóxica. Unha boa teoría si, pero demasiado xeralizada quizás.O poder da mente inconsciente pode ser moi forte, pero o poder da razón sempre estará por encima, pero claro depende dun factor que antes non estaba asociado, a vontade.
A vontade, esa capacidade para realizar ou dicir certas accións sexan conscientes ou inconsciente porque ao parecer neste ámbito parecen non escapar ao control do individuo salvo que este o permite, xa sexa a razón moi evidente e as emocións causadas polos sentimentos moi fortes. A vontade vese empurrada coma unha vela por ámbolos dous, pero necesita do permiso do individuo para avanzar, para expresar ao exterior iso que internamente de forma consciente ou inconsciente se quere expresar. Tiven a sorte de entendelo cando empiricamente asi o puiden ver diante dos meus ollos e posteriormente reflexionar sobre iso.
O tempo, considerado un arma moi poderosa, non o é tanto. Cando o individuo en cuestión deixa que o tempo sexa o encargado de de guiar esa razón e esas emocións dos sentimentos da a impresión de que o pasado enturbase é comeza a desaparecer. Pero non é que o tempo fora a solución, a solución foi a aceptación pola “vontade” de ese cambio, polo que foi o propio individuo o que o orixinou por vontade propia.

Con todo isto quero chegar a conclusión de que entendéndoo e fácil saber porque as veces non avanzamos no presente, e o noso futuro e titubeante respecto a razón e os sentimentos sexa na variación de proporción entre ambos. O pasado esta moi interrelacionado co presente, e o presente co pasado. Se nalgún momento dese pasado buscamos mediante a vontade un cambio e deixamos que o tempo rematara de facelo, ahí o que se provocou foi un estacamento intenso e atemporal, que estará a influír a arredor do individuo e influirá tamén en tódolos demais individuos que se sintan implicados xa sexa tamén mediante a razón ou os sentimentos. 
Este enturbiamento do entorno creado por non rachar co pasado o que fai e pouco a pouco mediante a insistencia alimentarse e danar o que a este individuo o rodea, xa sexa de forma consciente ou inconsciente. Aquí deixo a miña reflexión, porque a vontade e controlada polo individuo, iso esta claro. Pero ese enturbiamento é conscientemente aceptado polo individuo por estar acostumado a el ou de forma inconsciente? 
Desde logo que si é de forma consciente como todo indica debese comezar a rachar con ese individuo no presente para que non siga xa sexa de forma consciente ou inconsciente alimentandose da túa “vontade” por non sentir, querer, desexar seguilo presente e ir cara o futuro co que en realidade o esta a rodear positivamente dia a dia.
Eu creo que o tempo en si para este tipo de situacións non é mais que un marcador do que tarda o individuo en desenturbalo ambiente con todo aquilo que no presente o rodea mentres o pasado se dedica e pertubalas cadeas que os unen. Como se dunha estrutura molecular perfecta (individuo e ámbito do mesmo) na que os seus enlaces foran atacados por átomos (pasado) atraídos polas forzas de atracción mais fortes (individuos do ámbito implicados).
Un bo resumo nunha frase para toda esta reflexión podería ser:

“Hai que deixalo pasado atrás para que non enturbe o presente e esta poida pervivir ao futuro.”




No hay comentarios:

Publicar un comentario