miércoles, 5 de noviembre de 2014

Ergo

Non podo afirmar que fose tétrica aquela nau 
pero si que navegaba por un mar de brañas. 
Que o seu era velame de estameña parda 
que na coberta erguian-se as ruinas dunha moi alta torre 
circular e de cristal, e que todo nel semellaba paradiso, 
plúmbeo, solenemente ermo.
Velaqui a caveira do amor 
e velaqui a cinza que antano os seus osos foran. 
Velaqui cinza, viño que o meu corazón devora 
velaqui o elmo, o escudo, os arautos, todos.
Como non bater-se no extremo deste mar 
como non precipitar-se sobre este coagulo ardente?
Velaqui as serpes do amor 
refulxen como xemas, como loureiro en flor 
refulxen como os nosos ollos, chafariz que antano foran.

Non podo afirmar que fose tétrica aquela nau 
pero si que foi a estación final do laberinto 
que foi o seu velame espada e cíclame negro 
que todo nel semellaba púmbeo, paradiso. 
Ermo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario