miércoles, 5 de noviembre de 2014

Primeiro foi o mar, despois a pedra

 ¿Qué quedará de nós?... Unha espuma levísima, 
fado de Amalia para unha travesía. 
¿Qué loita de navíos?... 
¿Ónde o naufragio daquela Nau Preta?...
Primeiro foi o mar, mais non é certo 
que a corrente nos leve: 
Correspóndelle á onda repetirse de novo, 
devolver algo vivo por unha dor tremenda.
Alas pasan, indómitas, altas como trofeos. 
Sobrevoan a orela onde ti e máis eu nunca estivemos. 
Arestora que parou de chover 
corenta días e corenta noites 
é preciso esquecer o diluvio, 
decir que xa podemos coroarnos 
cun ramallo de olivos.
Ah, si, país de outono dende un trono de sombras!
Hai un porto inmediato afincado nas pedras.

Agora 
só a barca varada e nós mesmos


No hay comentarios:

Publicar un comentario