miércoles, 5 de noviembre de 2014

Bis

Hoxe tiven un soño. Pero non un deses soños nos que os demos voan libres polo espazo -tempo case inexistente, nin  en  estraños paisaxes surrealistas de paraxes perdidas. Estiven nun sitio onde para flotar non e necesario ter ás para voa, só saber levitar. Estiven nun sitio onde era capaz de alcanzala cima mais alta ou sumerxirme na marisma mais profunda con só ollar. Estaba nun cine onde vía un filme no que estaba proxectado eu mesmo. Estaba dentro de ti.

Os meus sentidos xa gozaran da túa esencia e aparencia. Os meu oído captou montóns de historias e viaxes, logros que alcanzaches, metas que cumpriches,  lugares que visitaches, xente que coñeciches, experiencia que compartiches. Escoitou cando te queixaches e cando as túas bágoas berraban tanto de alegría como de pena. O tacto foi capaz de recoñecer a túa suave pel, un tanto aterciopelada, a sensibilidade analizou cada chanzo en busca da calor que ti irradias como se dunha radiante fonte de rexurdimento se tratara, case tanto coma as túas apertas, que una vez que as probas tes medo a engancharte e a repetir. 

O olfato quedou prendando da fragancia  fresca que desprende o teu cabelo, como se a inholora  auga destilada te inundara como una fervenza, transparente e caótica permitindo, gardala  nun bote de cristal que só o caprichoso vento che permita disfrutar de súpeto, cando o seu azar así o desexa.

 Cantou o compás das contracción do teu tórax sempre que estiveches o suficientemente cerca para afinalo e entonalo. O gusto foi capaz de catar os teus doces bicos durante efémeros e surrealistas  anacos de sentimento creados subconscientemente no mais profundo dende mundo do revés, dese mundo que ninguén goberna, que involuntariamente te observa dende un fondo incoloro.


Os meus cinco sentidos xuntos son o reflexo do espello interno no que me miro. Ti erelo marabilloso e descoñecido que o conforma, o diamante que o raia, que se coa entre os seus recovecos, e una vez alí dentro entre imaxes en branco e negro perdese en cálidas apertas e bicos con sabor a augamel.. (bis)


No hay comentarios:

Publicar un comentario