miércoles, 5 de noviembre de 2014

Chispa Vital

Dise que crer nun ismo é algo falaz, os ismos como ente onírica non existen, non son verídicos. O veraz non é crer nun ismo senón nun mesmo, nas túas posibilidades e virtudes para afrontar correctamente os retos que se presentan durante a vida. Pero a vida esta dirixida por unha liña que o destino se ocupa de pintar nun espazo como se dunha onda de continua vibración negativa e positiva se tratara.. Con isto quero chegar a que o destino ben podería ser esa ente onírica, ese chispa vital que existe dentro da nosa conciencia. Esta chispa vital atopase na nosa conciencia e traballa no hemisferio dereito xunto co inconsciente. Esta chispa vital é a porta entre os sentimentos é a súa propagación ao inconsciente. Cumprese a teoría de (acción-reacción-repercusión) e tamen (causa-efecto-consecuencia). Cando estes sentimentos chegan alí provintes do hipotético corazón (acción ou causa) no que se atopaban ocúpanse de crear reaccións químicas consecuentes no cerebro (reacción ou efecto) que fan que dependendo do tipo de pensamento consciente teña o suxeito este se sinta dende relaxado e compracido e ata angustiado e incapacitado para durmir, pensar,desconectar (repercusión ou consecuencia). Isto danos a oportunidade para entender que nos queren dicir os nosos sentimentos a través do inconsciente, xa que dependendo do pensamento consciente que teñamos disporemos dunha reacción física posterior, causa-efecto da reacción química anterior. Aprender a comunicarse cos sentimentos mediante o inconsciente poderá permitir de forma consciente saber cales son os nosos sentimentos nun punto puntual do espazo tempo


Só surxe un problema e é que os sentimentos segun os acontecementos conscientes son unha forza incontrolable que varia demasiado rápido o inconsciente e dificulta moito a comunicación e que a información obtida teña un ínfimo marxe de erro .Aínda así podo dicir que tiven o pracer de velo e sentilo na practica e sen duda é algo moi intenso e caótico, pero teño esperanzas que é algo que tamén se pode controlar.Poño aquí un pequeno bocexo abstracto da organización espacial disto.


Con todo isto quero chegar a que dentro de nós na nosa conciencia atopase un ismo que non é ningún ente onírica, senón o noso destino en forma de chista vital, que como centro entre o inconsciente e os sentimentos fai de porta entre as reaccións psicolóxicas e físicas que experimentos cada dia e fan sentirnos vivos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario