Que curiosa a mente verdade? Que tan
difícil se nos fai as veces recoñecer porque reacciona de forma non razoable
cando en teoría este mostrou uns pensamentos firmes. Pois a resposta parece
fácil, pero non o é. Todo indica que os sentimentos son os encargados de loitar
contra esa razón de forma inconsciente, enturbando mediante as emocións, coa
que o individuo perde a capacidade de razoamento lóxica. Unha boa teoría si,
pero demasiado xeralizada quizás.O poder da mente inconsciente pode ser moi
forte, pero o poder da razón sempre estará por encima, pero claro depende dun
factor que antes non estaba asociado, a vontade.
A vontade, esa capacidade para realizar
ou dicir certas accións sexan conscientes ou inconsciente porque ao parecer
neste ámbito parecen non escapar ao control do individuo salvo que este o
permite, xa sexa a razón moi evidente e as emocións causadas polos sentimentos
moi fortes. A vontade vese empurrada coma unha vela por ámbolos dous, pero
necesita do permiso do individuo para avanzar, para expresar ao exterior iso
que internamente de forma consciente ou inconsciente se quere expresar. Tiven a
sorte de entendelo cando empiricamente asi o puiden ver diante dos meus ollos e
posteriormente reflexionar sobre iso.
O tempo, considerado un arma moi
poderosa, non o é tanto. Cando o individuo en cuestión deixa que o tempo sexa o
encargado de de guiar esa razón e esas emocións dos sentimentos da a impresión
de que o pasado enturbase é comeza a desaparecer. Pero non é que o tempo fora a
solución, a solución foi a aceptación pola “vontade” de ese cambio, polo que
foi o propio individuo o que o orixinou por vontade propia.
Con todo isto quero chegar a conclusión de que entendéndoo e fácil saber porque as veces non avanzamos no presente, e o noso futuro e titubeante respecto a razón e os sentimentos sexa na variación de proporción entre ambos. O pasado esta moi interrelacionado co presente, e o presente co pasado. Se nalgún momento dese pasado buscamos mediante a vontade un cambio e deixamos que o tempo rematara de facelo, ahí o que se provocou foi un estacamento intenso e atemporal, que estará a influír a arredor do individuo e influirá tamén en tódolos demais individuos que se sintan implicados xa sexa tamén mediante a razón ou os sentimentos.
Este enturbiamento do entorno creado por non rachar co
pasado o que fai e pouco a pouco mediante a insistencia alimentarse e danar o
que a este individuo o rodea, xa sexa de forma consciente ou inconsciente. Aquí
deixo a miña reflexión, porque a vontade e controlada polo individuo, iso esta
claro. Pero ese enturbiamento é conscientemente aceptado polo individuo por
estar acostumado a el ou de forma inconsciente?
Desde logo que si é de forma
consciente como todo indica debese comezar a rachar con ese individuo no
presente para que non siga xa sexa de forma consciente ou inconsciente
alimentandose da túa “vontade” por non sentir, querer, desexar seguilo presente
e ir cara o futuro co que en realidade o esta a rodear positivamente dia a dia.
Eu creo que o tempo en si para este tipo
de situacións non é mais que un marcador do que tarda o individuo en
desenturbalo ambiente con todo aquilo que no presente o rodea mentres o pasado
se dedica e pertubalas cadeas que os unen. Como se dunha estrutura molecular
perfecta (individuo e ámbito do mesmo) na que os seus enlaces foran atacados
por átomos (pasado) atraídos polas forzas de atracción mais fortes (individuos
do ámbito implicados).
Un bo resumo nunha frase para toda esta
reflexión podería ser:
“Hai que deixalo pasado atrás para que
non enturbe o presente e esta poida pervivir ao futuro.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario