Hoxe tiven un soño. Pero non un deses soños
nos que os demos voan libres polo espazo -tempo case inexistente, nin en estraños
paisaxes surrealistas de paraxes perdidas. Estiven nun sitio onde para flotar
non e necesario ter ás para voa, só saber levitar. Estiven nun sitio onde era
capaz de alcanzala cima mais alta ou sumerxirme na marisma mais profunda con só
ollar. Estaba nun cine onde vía un filme no que estaba proxectado eu mesmo.
Estaba dentro de ti.
Os meus sentidos xa gozaran da túa esencia e aparencia.
Os meu oído captou montóns de historias e viaxes, logros que alcanzaches, metas
que cumpriches, lugares que visitaches,
xente que coñeciches, experiencia que compartiches. Escoitou cando te queixaches
e cando as túas bágoas berraban tanto de alegría como de pena. O tacto foi
capaz de recoñecer a túa suave pel, un tanto aterciopelada, a sensibilidade
analizou cada chanzo en busca da calor que ti irradias como se dunha radiante fonte
de rexurdimento se tratara, case tanto coma as túas apertas, que una vez que as
probas tes medo a engancharte e a repetir.
O olfato quedou prendando da
fragancia fresca que desprende o teu
cabelo, como se a inholora auga
destilada te inundara como una fervenza, transparente e caótica permitindo,
gardala nun bote de cristal que só o caprichoso
vento che permita disfrutar de súpeto, cando o seu azar así o desexa.
Cantou o
compás das contracción do teu tórax sempre que estiveches o suficientemente
cerca para afinalo e entonalo. O gusto foi capaz de catar os teus doces bicos durante
efémeros e surrealistas anacos de
sentimento creados subconscientemente no mais profundo dende mundo do revés,
dese mundo que ninguén goberna, que involuntariamente te observa dende un fondo
incoloro.
Os meus cinco sentidos xuntos son o reflexo do
espello interno no que me miro. Ti erelo marabilloso e descoñecido que o
conforma, o diamante que o raia, que se coa entre os seus recovecos, e una vez alí
dentro entre imaxes en branco e negro perdese en cálidas apertas e bicos con
sabor a augamel.. (bis)
No hay comentarios:
Publicar un comentario