Dise que crer nun ismo é algo falaz, os ismos
como ente onírica non existen, non son verídicos. O veraz non é crer nun ismo senón
nun mesmo, nas túas posibilidades e virtudes para afrontar correctamente os
retos que se presentan durante a vida. Pero a vida esta dirixida por unha liña
que o destino se ocupa de pintar nun espazo como se dunha onda de continua vibración
negativa e positiva se tratara.. Con isto quero chegar a que o destino ben podería
ser esa ente onírica, ese chispa vital que existe dentro da nosa conciencia.
Esta chispa vital atopase na nosa conciencia e traballa no hemisferio dereito
xunto co inconsciente. Esta chispa vital é a porta entre os sentimentos é a súa
propagación ao inconsciente. Cumprese a teoría de (acción-reacción-repercusión)
e tamen (causa-efecto-consecuencia). Cando estes sentimentos chegan alí
provintes do hipotético corazón (acción ou causa) no que se atopaban ocúpanse
de crear reaccións químicas consecuentes no cerebro (reacción ou efecto) que
fan que dependendo do tipo de pensamento consciente teña o suxeito este se
sinta dende relaxado e compracido e ata angustiado e incapacitado para durmir, pensar,desconectar
(repercusión ou consecuencia). Isto danos a oportunidade para entender que nos
queren dicir os nosos sentimentos a través do inconsciente, xa que dependendo
do pensamento consciente que teñamos disporemos dunha reacción física
posterior, causa-efecto da reacción química anterior. Aprender a comunicarse
cos sentimentos mediante o inconsciente poderá permitir de forma consciente
saber cales son os nosos sentimentos nun punto puntual do espazo tempo
Só surxe un problema e é que os sentimentos
segun os acontecementos conscientes son unha forza incontrolable que varia
demasiado rápido o inconsciente e dificulta moito a comunicación e que a información
obtida teña un ínfimo marxe de erro .Aínda así podo dicir que tiven o pracer de
velo e sentilo na practica e sen duda é algo moi intenso e caótico, pero teño
esperanzas que é algo que tamén se pode controlar.Poño aquí un pequeno bocexo
abstracto da organización espacial disto.
Con todo isto quero chegar a que dentro de nós
na nosa conciencia atopase un ismo que non é ningún ente onírica, senón o noso
destino en forma de chista vital, que como centro entre o inconsciente e os
sentimentos fai de porta entre as reaccións psicolóxicas e físicas que
experimentos cada dia e fan sentirnos vivos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario